A biblioteca debe ser o espazo de referencia para a lectura, a información e as aprendizaxes, en beneficio de toda a comunidade educativa.

martes, 6 de noviembre de 2018

Cartel  das actividades



bibliocosme



Principiamos as actividades na biblioteca do instituto




                                                 Decoración da sala principal da biblioteca




Os martes na biblioteca

Todos os martes desde o día 9 de outubro temos recital de poesía por parte dos alumnos/as nos dous recreos.

O recitado realízase no RECUNCHO POÉTICO un espazo creado nunha das salas da biblioteca.









AQUI VOS DEIXAMOS ALGUNHAS DAS IMAXES DESTA ACTIVIDADE

 Recitado de poemas







 Exposición de libros de poesía

Poesía en galego


Homenaxe ao poeta valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán




Poesía en caló

 
Poema en chinés


martes, 25 de septiembre de 2018

HORA DE LER


COMEZA A HORA DE LER
PARA
ESO E FPBÁSICA



Luns
Martes
Mércores
Xoves
Venres
8:30 - 9:20
1 de outubro
27 de novembro
13 de febreiro
25 de abril

9:20 – 10:10
8 de outubro
8 de xaneiro
20 de febreiro
2 de maio

10:30 – 11:20
15 de outubro
15 de xaneiro
27 de febreiro
9 de maio

11:20 – 12:10
22 de outubro
22 de xaneiro
27 de marzo
16 de maio

12:30 – 13:20
29 de outubro
29 de xaneiro
3 de abril
23 de maio

13:20 – 14:10
5 de novembro
5 de febreiro
10 de abril
30 de maio

15:45 – 16:35
12 de novembro

16:35 – 17:25
19 de novembro






lunes, 25 de junio de 2018

Para rematar o curso e como agradecemento a todos os voluntarios da biblioteca realizouse un pequeno vídeo ensinando as nosas instalacións.
Neste vídeo participaron algúns dos voluntarios e a súa grabación e montaxe estivo a cargo de Eros Álvarez. 
Esperamos que vos guste e pasedes un feliz verán!!!!!



jueves, 14 de junio de 2018

Actividades da Biblioteca

Aquí están algunhas fotos das actividades realizadas durante o curso 


Voluntarios Biblioteca

 Noite de Samaín

 Decoración de Samaín

 Nadal na Biblioteca

 Actos no Día de Rosalía

 Decoración Dia de Rosalía



 Alumnos de 1º ESO B realizando unha Árbore de Nadal

Concurso de deseño de Postais Dixitais 


Decoración de Nadal



martes, 12 de junio de 2018

Xadrez na Biblioteca


Dende o pasado mes de Abril veuse celebrando na biblioteca do instituto o Primeiro Torneo de Xadrez "Bibliocosme". Nel enfrontaronse alumnos de todos os cursos da ESO e de Bacharelato. Os encontros tiveron lugar na sala de Bacharelato da Biblioteca ,durante os recreos. Organizáronse comezando por unha fase de grupos, da que os catro mellores pasaban á seguinte ronda, as semnifinais, das cales sairon os dous finalistas, Brian Izquierdo (4ºB) e Adrián Fernádez (1º BAC), que se enfrontaron nunha final, que rematou coa victoria de Brian.Proclamándose así campión do primeiro  Torneo de Xadrez "Bibliocosme". 


Como final para o evento, o Venres 1 de Xuño realizouse unha entrega de premios, na que ademáis de trofeo ao 1º e 2º Clasificado, entregouse a cada participante un pequeno agasallo pola súa participación.


Todo isto foi posible grazas a Óscar Prieto (1º BAC) quen coordinou e dirixiu todo, e a Víctor como representante da Biblioteca Escolar , quen apoiou a idea.








Tamén queremos agradecer á ANPA do Instituto a súa aportación , xa que foi quen mercou os xogos de xadrez cos que se desputou o torneo.






miércoles, 7 de marzo de 2018